Monday 06 de May de 2024

Os nenos e nenas do CEIP Rabadeira realizan un camiño de pedras ás portas da Casa Consistorial para celebrar o Día da Paz


Un nutrido grupo de nenas e nenos de 5º e 6º de primaria do CEIP Rabadeira achegouse á Casa Consistorial para celebrar o Día da Paz iniciando un camiño de pedras simbólico que parte da entrada do Concello cara todos os lugares do mundo.

O alumnado do CEIP Rabadeira quixo deixar testemuña do Día da Paz marcando un camiño de pedras diante do edificio consistorial. Un camiño simbólico que parte da porta do Concello cara todos os lugares e pobos do mundo.

O alcalde, Ángel García Seoane, recibiu e conversou cos rapaces e rapazas sobre a paz no mundo e as inxustas guerras que están a romper familias e asasinar a milleiros de nenos e nenas inocentes, para finalmente emprazar a todos as crianzas a traballar por un mundo máis xusto, máis amable cos que precisan axuda e a seren os “verdadeiros soldados da paz mundial”.

Durante a tertulia co Alcalde, leuse a viva voz un manifesto a prol da paz realizado polo alumnado e o acto rematou coa construción do camiño da paz.